Audacity é unha ferramenta dixital que nos permite modificar sons ou facer montaxes con sons. A continuacion vos deixo resultados feitos con esta aplicación.
1. Creación dun ambiente sonoro. Utilizando diferentes sons como o sonido dun elefante e dun tigre; alguns pasos e ruido de monos e paxaros conseguin crear este ambiente selvático.
2. Creación dunha narración mesturando voz humana e efectos sonoros e/ou música. Para a creación desta narración decanteime por narrar un fragmento da lenda mitolóxica de Medusa, cunha bonita e épica canción de fondo.
3.Simulación do programa radiofónico de música. Para isto collin unha canción e falei simultaneaménte en contacto con ela. Cando se escoita a voz a música baixa e cando non, sube. Aquí vos deixo o resultado.
4. Redeseño dun son. Usando as diferentes ferramentas e efectos do audacity rediseñei unha canción. Aquí vos deixo a canción orixinal e aquí a rediseñada por min.
Espero que vos gustase e... ata sempre!
lunes, 12 de junio de 2017
domingo, 11 de junio de 2017
PracTICa 16: O CiberActivismo
Ciberactivismo, que é eso? Esa foi a primeira frase que me veu á mente despois de escoitar por primeira vez esa palabra. Grazas ás explicacións e argumentacións do profesor, e á información recadada por min puiden, non só saber máis, senón convencerme.
O ciberactivismo é un fenómeno propio da cibercultura a través do cal as personas defenden ou loitan contra unha causa que non é xusta.
Son moitos os argumentos a favor do ciberactivismo, como que unha causa pódese difundir moito máis fácil ou que pode chegar a maior número de persoas.
Mais así como hai pros, tamén hai contras, como que ao chegar a mais número de xente, é mais criticada. Algunhas persoas poñen o argumento de que as persoas que fan ciberactivismo "son unhas vagas que non se queren levantar".
O ciberactivismo non consta de dicir argumentos a favor ou en contra a través das redes, consta de loitar contra eles saíndo á rúa e facendo folgas. Eu personalmente xa teño defendido numerosas folgas en contra da LOMCE, saíndo á rúa e protestando en grupo contra ela.
O ciberactivismo pódese desglosar en catro grandes áreas:
- Organización
- Construcción dunha comunidade, a cal che van a axudar a defender ou lotar a causa dada.
- Recaudación de fondos
- Accións de lobby e incidencia
Ata aquí esta entrada, espero que vos convencese e... ata a próxima!
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)